
RECOMENDACIÓNS
Aproveita ao máximo os alimentos e evita tiralos a este contedor.
Non introduzas neste contedor residuos susceptibles de ser reciclados.
Residuos no contedor VERDE
Este é o contedor para todo tipo de residuos como panos usados, xoguetes, biberóns, chupetes, utensilios de cociña, cueiros, obxectos de cerámica, lixo para animais, pelo, po, colillas, isto é:
- Restos orgánicos (en caso de non dispor de composteiro ou recollida separada para orgánica).
- Cueiros, compresas.
- Bastonciños de algodón.
- Toalliñas desbotables.
- Papel e cartón con restos de graxa.
- Panos de papel usados.
- Papel de aluminio sucio.
- Coiro.
- Bolígrafos.
- Pequenos xoguetes de plástico
- Pequenos obxectos plásticos, metálicos e de madeira de uso no fogar que non sexan envases.