Saltar ao contido

Contedor de ENVASES

Tipos de residuos que temos que depositar e recomendacións para un uso correcto.

Imaxe envases padrón

Lembre, que NON se deben depositar neste recipiente residuos de plástico que non sexan envases (xoguetes, cepillos de dentes, rotuladores, cables eléctricos, enchufes, …), así como cueiros, restos de alimentos, papel, vidro, pilas, etc.

Residuos no contedor amarelo

Este é o contedor para botellas e envases de plástico, envases metálicos e bricks como:
  • Botellas de plástico que tiveran líquidos (aceites vexetais, refrescos, auga, leite,…)
  • Botes de plástico que contiveran produtos de aseo ou limpeza (xel de baño, champú, limpiadores do fogar, suavizante, etc).
  • Botes de cosméticos
  • Tubos de dentífrico.
  • Bandexas de aluminio, porexpán ou cortiza branca.
  • Redes de envoltorios de froitas, hortalizas e verduras.
  • Plásticos film e envoltorios de aluminio.
  • Bolsas de plástico dos comercios.
  • Envases plásticos de manteiga, iogur ou aperitivos.
  • Latas de conservas, de bebidas e de refrescos.
  • Briks de leite, batidos, viño, zumes.
  • E, en xeral, todos os envases de plástico, latas e briks que leven impreso o punto verde.

 

RECOMENDACIÓNS

  • Os envases deben estar baleiros antes de depositalos no contedor amarelo.
  • Non se deben introducir uns dentro doutros.
  • Convén pregar os envases que o permitan para que ocupen o menor espazo posible.
  • Se a bolsa do lixo pesa máis do normal, faise necesario revisar o contido. Os envases lixeiros ben clasificados non deberían pesar demasiado.